Noticias y alertas

OFERTA DE EMPREGO

19/01/2023

O Concello de Mondariz ten previsión de realizar dez contratos temporais para cubrir diferentes necesidades. As persoas que desexen optar a estes postos de traballo deben estar inscritas na Oficina de Emprego de Ponteareas nos códigos nacionais de ocupación (CNO) relacionados:

1 AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (CNO: 57.10.10.13): contrato de 6 meses a tempo completo, de maio a outubro de 2023.

2 OPERARIOS PARA RECOLLIDA DE LIXO (CNO: 94.41.10.10): contrato de 10 meses a tempo completo, de marzo a decembro de 2023.

1 OPERARIO PARA RECOLLIDA DE LIXO (94.41.10.10): contrato de 8 meses a media xornada, de marzo a outubro de 2023.

5 OPERARIOS PARA DESBROCES (CNO: 64.10.10.51): contrato de 7 meses a tempo completo, de maio a novembro de 2023.

1 ALBANEL (CNO: 71.21.10.15): contrato de 7 meses a tempo completo, de marzo a setembro de 2023.

As persoas interesadas deben dirixirse primeiro á Oficina de Emprego de Ponteareas, xa que o Concello de Mondariz recibirá as candidaturas a través desta entidade pública. Esta é a previsión municipal, mais as bases da convocatoria aínda non están publicadas. Informaremos por esta mesma canle institucional cando así sexa.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies