Noticias y alertas

RAIGAME MONÓLOGOS DE SARA GUERRERO ALFARO

07/12/2022

Este sábado, 10 de decembro, a Praza de Abastos do Concello de Mondariz acolle ás 21:00 horas a representación do monólogo "Raigame", de Sara Guerrero Alfaro, veciña de Sabaxáns e coordinadora dos obradoiros de teatro comunitario que se realizaron en 2021 e 2022 nas parroquias de Mouriscados, Gargamala Sabaxáns e Toutón, financiados polo Concello de Mondariz.

A autora participou o ano pasado no certame Metro Cadrado do FIOT Carballo, recollendo o premio á mellor interpretación, e ten levado este monólogo a diferentes escenarios de Galicia.

Trátase dunha obra intimista que promove a reflexión. Canto inflúen en nós os espazos? Ata que punto nos definen? É a reconstrución dos relatos familiares suficiente para reconstruír a nosa historia? Que sucede cando migramos? Onde queda todo o que fomos? Que é de todos aqueles espazos que algunha vez habitamos?

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies