Noticias e alertas

Programación de actividades socioculturais de Nadal no Concello de Mondariz

02/12/2022

Avanzamos a programación de actividades socioculturais no Concello de Mondariz nas próximas semanas de vésperas de Nadal, e festas de Nadal, Aninovo e Reis.

Como en meses anteriores, as asociacións culturais e o talento local teñen protagonismo na organización de eventos:
Concerto de Santa Icía, da Banda de Música Cultural de Mondariz (3 de decembro)
Actuación de Sara Guerrero Alfaro, co monólogo "Raigame" (10 de decembro)
Festival "Cantares de Outono", do coro Agarimos da Terra (11 de decembro)
Festival de Nadal, da Escola Municipal de Música de Mondariz (16 de decembro)
Festival de Nadal, de Cear Castromao Grupo Folclórico (18 de decembro)
Festa de fin de ano, da comisión das Festas de Mondariz (31 de decembro)

O Concello de Mondariz continúa promovendo o cinema nas instalacións do auditorio municipal, habilitadas cun equipamento audiovisual para proxeccións de calidade:
Documental "A auga que nos trouxeron" (17 de decembro)
Filme familiar "El extraordinario viaje de T.S. Spivet" (23 de decembro)
Filme familiar "Querido Evan Hansen" (30 de decembro)
Filme familiar "Clifford, el gran perro rojo" (3 de xaneiro)

Mantéñense citas tradicionais como a visita do apalpador (21 de decembro de 2022) e a visita dos Reis Magos (5 de xaneiro de 2023).

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies