Noticias e alertas

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal

22/11/2022

Informamos que este XOVES, 24 de novembro, está convocada unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mondariz, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación das acta das sesións plenarias celebradas anteriormente: acta de pleno ordinario de 30/09/22.
2. Recoñecemento extraxudicial de créditos no 05/2022 (expte. 1221/2022)
3. Adenda modificativa do convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., e o Concello de Mondariz sobre o financiamento, a execución e a entrega das obras de mellora e ampliación da senda de Laredo-Coviña, no termo municipal de Mondariz, Pontevedra (831/2021).
4. Apoio á iniciativa lexislativa popular sobre medidas urxentes a implantar na sanidade pública ao respecto da atención primaria (proposta de Alcaldía).
5. Moción de AporM sobre modificación de ordenanza fiscal do IBI.
6. Moción de AporM sobre as árbores monumentais e de grande porte da vila.
7. Plan de medidas antifraude esixido pola Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (173/2022).
8. Control aos organos de goberno:
- Dación de conta de Resolucións de Alcaldía e Xunta de Goberno Local desde o último pleno ordinario.
- Dación de conta de informe de intervencion relativo á execucion trimestral correspondente a 3º trimestre de 2022.
- Dación de conta dos informes relativos ao periodo medio de pago a proveedores (pmp) correspondente ao 3º trimestre de 2022.
9. Rogos e preguntas.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Noticias e alertas

Siguiente >
1/ 127

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies