Noticias e alertas

CURSO DE RECUPERACIÓN DA CESTERÍA DE MONDARIZ

14/09/2022

O CURSO DE RECUPERACIÓN DA CESTERÍA DE MONDARIZ comezou este luns, con todas as prazas cubertas. A institución organizadora (Agacal - Experiencias de Calidade de Galicia) mesmo tivo que realizar un proceso de selección de alumnos/as, tomando como criterios a inscrición das persoas interesadas no rexistro de explotacións agrarias de Galicia (REAGA) e a data de solicitude de matrícula.

Durante esta primeira semana de curso, o cesteiro Enrique Táboas introducirá ao alumnado á elaboración de láminas de madeira para confeccionar a cestería fina propia de Mondariz. A formación continuará a próxima semana, coa recoñecida cesteira Idoia Cuesta como instructora.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Noticias e alertas

Siguiente >
1/ 127

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies