Noticias e alertas

OBRADOIRO INTENSIVO DE CESTARÍA

03/08/2022

Temos o pracer de anunciar que, a mediados de setembro, o Concello de Mondariz acollerá un OBRADOIRO INTENSIVO DE CESTARÍA organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria Agacal - Experiencias de Calidade de Galicia da Xunta de Galicia e con experimentados/as cesteiros/as como mestres/as (Enrique Táboas e Idoia Cuesta). Trátase dun curso presencial e gratuíto que acredita 60 horas de formación.

As inscricións xa están abertas na Oficina Virtual do Medio Rural:
https://ovmediorural.xunta.gal/.../acciones-formativas

O código da acción formativa, denominada "Recuperación da cestería en Mondariz" é o FC2022F136001.

Por criterio da entidade organizadora, este curso está orientado a persoas vinculadas ao sector primario, especialmente agrario e forestal. No caso de estar interesado/a en participar e non cumprir as condicións que se establecen no formulario de inscrición respecto da actividade profesional, pódese manifestar unha expectativa de incorporación ao sector primario na opción "outra tipoloxía"

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies