Noticias e alertas

Zona azul gratuíta

23/06/2022

A recollida de discos para a NOVA ZONA AZUL GRATUÍTA NO CENTRO URBANO do Concello de Mondariz superou as expectativas, baseadas no número de vehículos censados no propio concello, e nestes momentos non hai dispoñibilidade. O Concello de Mondariz está agardando pola chegada dun segundo lote de discos, mais existen problemas de subministración de materiais que atrasan a fabricación. Como medida provisional, os vehículos que non dispoñan de discos poderán escribir a man nun papel a hora de estacionamento para que a Policía Local o teña en conta. Os discos volverán ser distribuídos nas oficinas municipais e nos establecementos comerciais do centro urbano cando se reciba o segundo lote

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies