Noticias e alertas

Periodo matrícula Escola Municipal de Música de Mondariz

23/06/2022

Lembramos que o período de matrícula na Escola Municipal de Música de Mondariz para o curso 2022-2023 está aberto desde o 20 de xuño até o 4 de xuño de 2022. Mantéñense as especialidades e os prezos que figuran na ordenanza reguladora.

A Escola Municipal de Música de Mondariz admite matrículas de persoas de todas as idades, aínda que ten clases de música e movemento orientadas a nenos e nenas de 3 a 6 anos, e clases de musicoterapia que están especialmente indicadas para nenos e nenas con diversidade funcional.

Para máis información, podedes contactar coa Escola Municipal de Música de Mondariz en horario de 10:00-14:00 horas (de luns a venres non festivos) a través de teléfono (986 656 573) ou correo electrónico (esmu@mondariz.gal).

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Noticias e alertas

Siguiente >
1/ 127

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies