Noticias e alertas

Escola de piragüismo de verán en Mondariz

17/06/2022

XA ESTÁ ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ESCOLA DE VERÁN DE PIRAGÜISMO NO RÍO TEA Trátase dunha actividade deportiva para rapaces e rapazas de entre 7 e 14 anos organizada polo Concello de Mondariz en colaboración co Club Tea de piragüismo. O prazo de inscrición remata o 30 de xuño. As clases comezarán o 4 de xullo e prolongaranse até o 5 de setembro en horario de 10:30-13:00 horas, todos os luns, mércores e venres non festivos.

Para solicitar máis información sobre esta actividade ou tramitar a vosa inscrición, contactade coa Omix Mondariz en horario de atención ao público (de luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas), por teléfono (680 964 461) ou correo electrónico (omix@mondariz.gal).

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies