Noticias y alertas

Documental "Castelao e os irmáns da liberdade"

27/01/2022

Este sábado, 29 de xaneiro, Castelao cumpriría 136 anos. O Concello de Mondariz rende homenaxe á súa figura literaria e política cunha xornada de memoria histórica na que se proxectará un documental (“Castelao e os irmáns da liberdade”) e se presentará un libro sobre el traducido ao galego (“Castelao e os vascos”). O evento contará coa participación do cineasta Xan Leira, autor do documental, e do escritor Xurxo Martiz, tradutor do libro, para conversar sobre o legado de Castelao, tamén durante o seu tempo de exilio na Arxentina.

Esta semana, así mesmo, están expostas no centro social de Mondariz unhas láminas con debuxos de Castelao publicados no libro “Álbum Nos”, que hai uns meses reeditou a Editorial Galáxia.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies