Noticias e alertas

CampaNadal 2021

30/11/2021

CAMPANADAL 2021 EN MONDARIZ.

Informamos a todas as persoas interesadas que mañá ábrese o prazo de inscrición do CAMPANADAL deste ano.

Esta actividade esta incluída no programa de conciliación persoal, familiar e laboral "MONDARIZ CONCILIA 2021" e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos preferentemente empadroados/as en Mondariz, cuxos proxenitores/titores precisen a conciliación laboral por estaren traballando presencialmente, facendo teletraballo ou se atopen en situación de suspensión temporal de contrato de traballo (ERTE).

De existir máis prazas que solicitudes poderán acceder ao servizo os nenos e nenas empadroados/as que, cumplindo co baremo de idades requerido para participar nesta actividade (3 a 12 anos), os seus proxenitores/titores non se atopen en ningunha das situacións anteriormente descritas.

As datas nas que se realizará a actividade serán o 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 3, 4, 5, e 7 de xaneiro.

O horario será de 9 a 14h, con posibilidade de ampliar media hora na entrada e na saída.

O custo será de 25€ cun desconto do 50% para familias numerosas.

As inscricións poderán facerse entre os dias 1 e 17 de decembro.

Non se admitirán solicitudes fóra dese prazo.

As bases e a ficha de inscrición estarán a vosa disposición neste enlace: https://mondariz.sedelectronica.gal/board a partir de mañá día 1 de decembro.

Máis información e inscricións; OMIX Mondariz.
 Tfno: 986 664 306 / 680 964 461
 WhatsApp: 680 964 461
 Correo electrónico: omix@mondariz.gal

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Noticias e alertas

Siguiente >
1/ 127

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies