Noticias e alertas

Obradoiros teatro comunitario

29/11/2021

Os OBRADOIROS DE TEATRO COMUNITARIO iniciados a principios de outubro nas parroquias de Mouriscados e Gargamala están a ter unha boa acollida por parte da veciñanza. Durante este último trimestre do ano 2021, a actividade está orientada a recuperar memorias compartidas da vida no rural que poidan servir de inspiración e fío narrativo para unha futura representación teatral.

Estes obradoiros están dirixidos por Sara Guerrero, veciña de Mondariz con formación superior en teatro social.

Malia que os grupos xa están formados, as persoas de Mouriscados e Gargamala que desexen participar nos obradoiros poden facelo. Os horarios son os seguintes:

MOURISCADOS: venres, de 17 a 18 horas
GARGAMALA: venres, de 21 a 22 horas

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies