Noticias e alertas

Roteiros guiados, "Camiñar Mondariz"

14/05/2024

🚶‍♀️🚶‍♂️ Informamos ás persoas interesadas, que mañá abre o prazo para inscribirse no "ROTEIRO RÍO ABOAL", que se realizará o sábado 25 de maio ás 10.00 horas.

Esta actividade é un dos cinco roteiros incluídos no Programa "CAMIÑAR MONDARIZ" que o Concello de Mondariz vai desenvolver ao longo deste ano 2024 co obxectivo de poñer en valor o noso entorno natural.

A distancia a percorrer será de 8 kms. aproximadamente e cunha dificultade media/baixa. Recoméndase a persoas a partir dos 8 anos ou acostumadas a camiñar.

Esta actividade é gratuíta e require inscrición previa na Omix Mondariz.

As inscricións só poderán facerse entre os días 15 e 24 de maio ou ata que se esgoten as prazas.

As prazas son limitadas!

Se estás interesado/a en asistir, podes facer a inscrición a través da sede electrónica do Concello https://mondariz.sedelectronica.gal (formulario inscrición Roteiro Río Aboal) ou presencialmente no Rexistro xeral en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Para máis información podes poñerte en contacto coa Omix Mondariz a través do teléfono 680 964 461 ou enviando un correo electrónico a omix@mondariz.gal.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies