Noticias e alertas

Presentación do libro "A Cesta de Mazás"

29/04/2024

📘 Este martes día 30 de abril desde o Concello de Mondariz convidámos a todas as persoas interesadas, á presentación da novela "A Cesta de Mazás" do xoven escritor Alexandro Bouzó. (Instagram: @alexbouzo4)

Alexandro Bouzó é un escritor e psicólogo nado no 2001 en Redondela e criado en Santiago de Oliveira (Ponteareas). "A Cesta de Mazás", a súa segunda novela, aflora durante o 2021. Mais o seu feitío experimenta cambios estruturais a medida que transcorren os meses. Converténdose nunha obra que medra da man do autor, enchoupada dos seus abraios e descubrimentos.

Durante o evento, o autor comentará e revelará detalles da obra e do proceso creativo.

Ademáis do autor os encargados de dirixir a presentación serán Nicolás Filgueiras e Gabriel Cajide.

Agardámosvos mañá martes 30 de abril, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal de Mondariz.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Noticias e alertas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies